Xa dispoñible. Estudo luminoso e renovado en Avenida de García Barbón, paralela a Rúa Rosalía de Castro, na zona máis céntrica e mellor valorada de Vigo. A 190m de Santiago de Vigo, a 350m do Ascensor Halo (4 minutos andando), a 550m de Isaac Peral (ligazón con autoestrada). Zona repleta de servizos de todo tipo e excelentemente comunicada a pé e en coche.
En excelente estado: baño renovado integralmente (con prato de ducha), parquet de madeira recentemente pulido e vernizado, recentemente pintado e amoblado con mobles novos e actuais (case todos a estrear). A cociña está equipada con vitrocerámica de 4 lumes, frigorífico de dúas portas (por tanto con conxelador), forno e microondas. No salón-dormitorio conta con armario de parede con caixóns e totalmente forrado interiormente. Conxunto de cama de matrimonio e canapé de 150cm ( para almacenamiento interior).
Tranquilo e solleiro (porque non dá a avenida nin tampouco a patio de luces, senón a un espazo aberto entre dous bloques dentro da propia comunidade). Ten tendal cuberto tamén renovado nunha das xanelas. Piso cálido, que non adoita requirir o uso de calefacción.
Edificio con excelentes calidades, con servizo de portaría (dous porteiros cubrindo todo o día en dúas quendas) e instalacións centrais de auga quente e calefacción, aínda que con contador individual para cada vivenda e termostato para a calefacción en cada vivenda. Comunidade exemplar polo coidado e limpeza das zonas comúns.
Totalmente accesible, con ascensor, sen chanzos no portal e con prato de ducha.
Inclúe trasteiro amplo situado no soto de garaxes. Non inclúe garaxe, pero no mesmo edificio pode haber prazas de garaxe en aluguer.
O inquilino ten que pagar a electricidade, auga fría e os servizos de auga quente e calefacción, que son centrais, pero con contador individual. Cando non teña consumo o inquilino só pagará os mínimos: mínimo calefacción: 4,17€/mes, mínima auga quente: 8,76€/mes. A cuota fixa de comunidade e lixo págaos o propietario.
Non se admiten mascotas. O aluguer é compatible coas deduccións fiscales de IRPF / axudas do aluguer. Requírense garantías de solvencia e unha fianza por importe de mes e medio de renda.