Estudo en Aluguer - Cale Pizarro 55. Dispoñible a partir de Xaneiro de 2025.
Presentámosche un céntrico estudo na sexta planta, ideal para unha persoa. Este espazo destaca pola súa luminosidade e comodidade.
Características do estudo:
- Salón-dormitorio: Luminoso, amoblado e equipado cunha cama de 135 cm (colchón a estrear), con canapé que ofrece un espazo adicioal de almacenamento.
- Cociña independente: Totalmente equipada con forno, vitrocerámica de catro lumes e un frigorífico grande.
- Baño: cómodo e luminoso, cun amplo prato de ducha e xanela que proporciona luz e ventilación natural.
- Perfecto estado: Recentemente pintado e limpeza profesional.
Edificio e localización:
- O edificio conta con servizos centrais e porteiro, ofrecendo un ambiente céntrico e tranquilo.
- Posibilidade de alugar praza de garaxe adicional no mesmo edificio (consultar co porteiro)
- Situado nunha zona tranquila con abundante comercio, fronte a Mercadona e a poucos metros da Cidade da Xustiza (antigo Hospital Xeral) e Corte Inglés.
- Excelente localización, ben comunicada coas saídas da cidade e preto de paradas de autobús con destino ao CUVI.
Condicións:
- O propietario cobre IBI, cota fixa comunitaria, derramas extraordinarias e recibos de lixo.
- O inquilino deberá pagar mediante domiciliación bancaria os recibos de electricidade e os consumos de servizos comunitarios. Actualmente, só se paga a auga quente (7?/m³). No caso de que a comunidade decida cobrar tamén o consumo de calefacción ou auga fría, o inquilino asumirá eses custos.
- Para formalizar o contrato, requírese unha fianza de dous meses e presentar garantías de solvencia.
- Nota: Compatible con deducións fiscais. Non se admiten mascotas.
Para máis información ou para concertar unha visita, non dubides en contactarnos.