Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso ata o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Apartamento super céntrico e cunha estupenda localización nunha zona moi tranquila, na rúa peonil que leva á praia de Rodeira desde o centro, á beira do Concello e a un paso do Paseo Marítimo.
Situado na primeira planta, sen ascensor, dunha vivenda de recente construción totalmente exterior. Conta con dous dormitorios grandes, ambos con armarios encaixados e camas dobles, baño xeral con prato de ducha e biombo, cociña americana grande, con lavalouzas e completa, e ampla zona de estar con moita luz natural. Dispón de cociña e auga quente eléctrica.
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.Ç
Non se admiten mascotas.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno