Parcela edificable (con certificación urbanística), situada no centro de Herbello, Aldán, con dobre fachada a vía pública asfaltada e 58ml de fronte aprox., a pouca distancia do cruce de Herbello (800m, 10 min camiñando) e moi preto en coche de todas as praias de Hío e Aldán (5 min a Menduiña, Areacova, Francón, Vilariño e San Cibrán; 10 minutos de Arneles, Liméns e Nerga).
Terreo prácticamente chairo, con gran facilidade de acceso e a nivel da estrada en gran parte do mesmo, o que permite fácilmente a rehabilitación das ruínas existentes e/ou a construción dunha vivenda nova, mesmo con tecnoloxía modular (como exemplo 2553).
Localización con todos os servizos de conexión (saneamento, servizo municipal de auga, etc.) na fronte da propia finca, e asollado todo o día.
Excelente opción para a construción dunha vivenda de até 160m2 construídos (en dúas plantas), tanto para vivenda habitual como segunda residencia pola súa proximidade á vía rápida (2km e 5 min en coche).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno