Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Estudio na zona vella de Cangas, a estrear e totalmente reformado.
Conta con cociña-salón-dormitorio, todo nun e un baño con ampla ducha. Dispón de terraza e xanelas oscilobatientes, tipo climalit.
En canto á calefacción dispón de radiadores eléctricos e a auga quente sanitaria (ACS) por termo eléctrico.
Non dispón de garaxe nin de ascensor e non se admiten mascotas.
Compatible coas deducións fiscais no IRPF. O prezo é coa comunidade e o lixo incluído, quedando por conta do inquilino a luz e a auga.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a que se esixe por lei para aluguer de tempada (consultar).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno