Edificio en construción de 604 m2, situado en Rúa Seixo, no centro urbano de Cangas, moi preto do Porto e de todos os servizos, con vistas directas á Ría de Vigo desde a última planta.
A súa construción expúxose da seguinte forma:
Planta de soto para garaxes e rochos con entrada por rampla directamente desde a rúa, con conexión interior a través de escaleira e posibilidade de construción dun ascensor que chegue ao soto e até cada planta do inmoble.
Planta baixa, con acceso independente e con posibilidade de acondicionar como local comercial ou vivendas.
Plantas primeira e segunda, ambas para catro vivendas de dous dormitorios, un baño, cociña independente con lavadoiro e salón-comedor amplos. Nas dúas vivendas da primeira planta orientadas ao sur, habilítanse dúas amplísimas terrazas moi asolladas.
Planta terceira para tres vivendas con igual distribución que as anteriores, tendo dúas delas, as orientadas a sur, bonitas vistas cara á Ría de Vigo. Nesta mesma planta exponse once ocos destinados a rochos.
Planta baixo cuberta, polo momento sen destino, con posibilidade de dous amplos áticos.
Gran opción de compra para promotores ou investidores debido á alta demanda actual de vivenda na zona, tanto para compradores de residencia habitual como compradores que buscan a súa segunda vivenda de vacacións preto da praia e nunha zona céntrica, cómoda e asollada.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno