Vivenda de grandes dimensións en Cangas, na zona de Coiro, con vistas e luminosidade, preto da entrada á Vía Rápida do Morrazo.
O inmoble está composto de planta baixa, primeira planta e faiado. O terreo que a circunda está cementado e habilitado para aparcadoiro ou usos varios.
Na primeira planta atopámonos cunha amplísima cociña e espazo para comedor, orientado ao sur, un gran salón, catro dormitorios, un aseo e un baño con ducha.
E a planta baixa distribúese en dous dormitorios, unha cociña-salón e un baño, podéndose ampliar esta planta con algún oco máis.
Dispón de auga por pozo e calefacción eléctrica por acumuladores. A auga quente sanitaria (ACS) é por termo eléctrico.
Existen varios galpóns anexos que se poden utilizar como adega ou trasteiros e ten un garaxe cuberto con espazo para dous vehículos.
Excelente localización para vivenda habitual e situada nunha zona moi tranquila
o seu entorno