Piso a estrear situado no centro de Cangas, na contorna do Parque da Palma. Unha vivenda situada na terceira planta dun edificio con ascensor, nunha zona cómoda con todos os servizos á man.
O piso distribúese en salón, cociña independente con acceso a lavandoiro, 2 habitacións, un baño con bañeira e un aseo.
As dúas habitacións contan con armarios encaixados. O salón e unha das habitaciós son exteriores con vistas ao parque da Palma, a cociña e a outra habitación dan a patio.
A vivenda inclúe praza de garaxe e rocho no soto.
A calefacción e a auga quente son por gas natural.
Este piso atópase nunha ubicación inmellorable, con todos os servizos necesarios ao seu redor, no entorno do Concello, a 5 minutos da Praia de Rodeira e moi preto do Centro de Saúde, estación de autobuses, porto, supermercados, tendas, parques, etc.
Ao prezo anunciado hai que engadirlle o 10% de IVE.
Consúltanos por máis inmobles dispoñibles no mesmo edificio.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno