Este espectacular baixo reformado en 2017 en Cangas combina estilo e comodidade cunha distribución ampla e luminosa.
Conta cunha gran cociña-comedor de 21 m² con illa e electrodomésticos, perfecta para gozar en familia.
O salón, moi espacioso, de 26 m², dispón de cheminea e acceso a unha galería de 5,70 m² con ponte térmica e vistas ao mar.
Tén tres dormitorios amplos con armarios encaixados, un estudio que se podería empregar tamén como cuarto dormitorio e dous baños completos, un con ducha e outro con bañeira.
Todas as estancias son exteriores, con orientación sureste en salón e dous dormitorios.
Ademais, dispón de calefacción por chan radiante, praza de aparcamento, zona de almacenaxe, acceso ao garaxe desde o interior e o exterior, pozo de auga, conexión á traída municipal e termo eléctrico.
As ventás de aluminio oscilobatentes ofrecen bo illamento térmico e acústico.
O inmoble ten acceso a unha zona común de xardín.
Situado nunha contorna tranquila, a só 5 minutos andando da praia de Areamilla, a 5 minutos de supermercados e a 1 km do centro de Cangas.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno