Casa rehabilitada de pedra situada na zona vella de Cangas, á beira do supermercado Eroski, ao pé do Eirado do Sinal, na continuación da Rúa do Sol.
Constitúe toda ela unha única unidade situada entre medianeiras (laterais e fondo) e coa fachada principal orientada cara o sur. Consta de:
- Planta baixa de 35 m2, a nivel da rúa e que consta de portal de entrada xeral que dá acceso ás plantas superiores a través de escaleira común, e ao baixo comercial distribuído nun espazo aberto e con baño.
- Planta primeira de 37 m2 con 2 m2 de terraza á fronte, destinada a oficina e repartida en dúas zonas de traballo, situándose na traseira o baño e a lareira coa cheminea orixinal de pedra da casa.
- Dúplex de 2 dormitorios con 62 m2, destinada a vivenda e que ocupa as dúas últimas plantas da casa. A planta baixa (segundo andar da casa) distribuída en salón con balcón á fronte, zona de distribución no centro e cociña aberta con aseo na parte traseira. A través da escaleira (interior e privada) accédese á segunda planta (baixo cuberta da casa) onde se atopan os dous dormitorios e o baño con prato de ducha.
Trátase dunha rehabilitación con muros de granito e forxados de formigón armado, terminada con tellado de tella a dúas augas, con orientación sur (sol directo nas dúas últimas plantas) e con xanelas "velux" no baixo cuberta.
O inmoble véndese como unha soa unidade (sen división horizontal) pero onde os 3 inmobles son susceptibles de aluguer independente (local, oficina, vivenda) xerando rendas, que o converten nun magnífico investimento (consultar condicións).
Destacar sobre todo a localización (a 1 min do paseo marítimo, 5 min de Rodeira e nunha zona de moito tránsito), a tipoloxía construtiva (casa de pedra rehabilitada no casco vello), a alta rendibilidade e que ademais de ser unha perfecta opción de investimento, tamén o é como vivenda habitual ao dispoñer as dúas últimas plantas como un ático-dúplex de 2 dormitorios, baño e aseo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno