Piso completo de tres dormitorios totalmente exterior xusto na rotonda de Pedra Alta, situado na cuarta planta do edificio, luminoso e asollado.
Distribúese nunha ampla cociña con zona de comedor e saída á galería (na que se localiza a lavadora e a pila), sala interior na zona de entrada (con armario encaixado), tres dormitorios e dous baños (un con bañeira e outro con prato de ducha, ambos con xanelas a patio interior).
Dispón de dobre xanela en todos os ocos, calefacción por calor azul e auga quente sanitaria mediante termo eléctrico. Chans de madeira en dormitorios e corredoiro.
Conta con rocho na planta baixo cuberta, ascensor que chega ata o soto de garaxes e véndese tamén con praza de garaxe.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno