Casa de pedra á venda en Cangas, no centro, xusto en fronte do colexio Compañía de María, a poucos minutos a pé do Mercado Municipal, Estación Marítima e Praia de Rodeira, e con boa comunicación en coche para a Vía Rápida.
A casa conta con dúas plantas habitables: planta baixa con sala de estar, dormitorios, baño completo e acceso a un patio exterior con lavadoiro; e planta primeira con cociña, comedor e 2 dormitorios, tamén con acceso exterior por escaleiras ao patio. Conta tamén cunha planta baixo cuberta sen acondicionar, como almacén.
Recibe sol tanto de mañá como de tarde por ter fachada leste e oeste.
Suministros de alta e con zona cercana de aparcamento.
Inmatriculación no Rexistro da Propiedade en trámite. Solo permitidas obras de mantemento, en ningún caso ampliación nin elevación.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno