Pisazo en el centro de Cangas con vistas ao mar
No Espírito Santo, ao lado de Cangas, da praia e do acceso á Vía Rápida, así como preto de supermercados, colexios, institutos e outros servizos, nunha zona moi tranquila.
Conta con 4 dormitorios, balcóns, vistas despexadas ao mar e unha ubicación inmellorable, en pleno centro de Cangas e a un paso da praia. Espazos amplos, luz natural en todas as estancias e unha distribución que hoxe en día é imposible de atopar.
Este terceiro andar sen ascensor mantense nun estado impecable, cunha distribución cómoda e funcional: catro dormitorios, dous baños, cociña independente con saída a un balcón e orientación perfecta ao leste, e un salón espacioso tamén con acceso a outro balcón con orientación ao oeste, á posta de sol.
Non conta con ascensor, garaxe nin rocho, pero a vivenda é moi ampla e na zona adoita haber sitio para aparcar.
A vivenda está en perfecto estado de conservación. Sería necesario instalar calefacción e actualizar as fiestras.
Vivenda con características moi difíciles de atopar hoxe en día, ideal para establecer residencia habitual polas súas dimensións e proximidade a todos os servizos.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno